Aceleradora

/Aceleradora
Aceleradora 2018-10-08T17:01:43+00:00
Want create site? Find Free WordPress Themes and plugins.

A aceleradora de novos modelos de negocio de economía social baséase na creación dunha rede de centros transfronteirizos que, operando coa mesma metodoloxía, consigan reducir o tempo de posta en marcha dun negocio e aumentar a súa visibilidade.

As actuacións consistirán na creación de seis centros de aceleración especializados por sectores ou temáticas onde se dará soporte na maduración, financiamento e posta en marcha de proxectos de economía social innovadores, acelerables e nos que se poida investir. Este piloto estrutúrase nas seguintes fases:

  • Convocatoria de proxectos
  • Evento de avaliación de capacidades dos promotores
  • Avaliación de proxectos
  • Formación e asesoramento empresarial
  • Impulso de proxectos de economía social a través da organización de foros de investimento
Did you find apk for android? You can find new Free Android Games and apps.