PEL-Plan de Empleo Local 2016-2019

//PEL-Plan de Empleo Local 2016-2019

PEL-Plan de Empleo Local 2016-2019

Want create site? Find Free WordPress Themes and plugins.

PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. Estas axudas teñen como finalidade contribuir á creación de empresas no ámbito local, dinamizar a actividade empresarial e o fortalecemento do tecido produtivo a nivel local. As axudas van dirixidas a pequenas empresas e autónomos que, que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, teñan unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda. A finalidade da subvención é a de apoiar aos promotores de iniciativas empresariais na posta en marcha da súa idea de negocio, a través de incentivos ao investimento en bens inventaribles necesarios para a realización da súa actividade empresarial. As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 25.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar a axuda por un porcentaxe máximo do 80%. O importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 20.000 € (excluído IVE). Puntuaranse especialmente as entidades con presenza feminina ou con presenza de persoas con diversidade funcional, así como as entidades situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes ou que non foran beneficiarias na convocatoria anterior 2018. Os investimentos ao amparo desta convocatoria, deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Financiarase a compra de bens inventariables pertencentes aos seguintes ámbitos:

Aplicacións informáticas.

Maquinaria.

Utillaxe.

Mobiliario.

Equipos para procesos de información.

Un dos requisitos respecto dos investimentos é que debe de tratarse de investimentos en elementos novos, directamente relacionados coa actividade, non cedidos a terceiros, con ou sen contraprestación e que non teñan sido fabricados pola empresa solicitante.

PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES: Axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial. Estas axudas están destinadas a contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio para a realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial. As axudas van dirixidas a pequenas empresas e autónomos que, con anterioridade á data de publicación da convocatoria, teñan unha antigüidade máxima de 10 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda. As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 €e máximo de 6.000 €(excluído IVE), do cal poderán solicitar axuda para un porcentaxe máximo do 80%. O importe máximo da subvención a conceder con carácter xeral será de 4.800 €(excluído IVE). Puntuaranse especialmente as entidades con presenza feminina ou con presenza de persoas con diversidade funcional, así como as entidades sitúadas en concellos de menos de 20.000 habitantes ou que non teñan sido beneficiarias na convocatorias anterior 2018. As actividades para desenvolver ao amparo desta convocatoria, deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Nesta liña subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externos para asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultoría, titorización, mentorización, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos:

Responsabilidade social empresarial.

Marketing e comunicación.

Competitividade e expansión.

PEL- PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Estas axudas están destinadas a apoiar ao tecido empresarial da provincia, contribuir á inserción laboral das persoas desempregadas e favorecer o emprego estable e de calidade. A finalide da axuda é apoiar ás empresas para a creación ou ampliación do seu cadro de persoal, mediante a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego. As axudas están dirixidas a pequenas empresas e autónomos con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.00 habitantes. Cada empresa solicitante poderá contratar como máximo a unha persoa traballadora, empadroada na provincia da Coruña, por un período mínimo de 12 meses.

A Deputación concederá unha axuda correspondente a un máximo do 75% do soldo e seguridade social, segundo as táboas recollidas nas bases reguladoras relativas a grupos de cotización e categorías profesionais. O importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 16.500 € No caso de contratos a tempo parcial, deberá solicitarse a parte proporcional. Puntuaranse especialmente as entidades cuxa forma xurídica sexa a de cooperativa ou sociedade laboral, así como aquelas empresas cuxa actividade económica estea clasificada con mellores perspectivas segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020:

 Hostalaría e turismo.

 Recuperación do comercio polo miúdo.

 Comercio polo xunto.

 Transporte e loxística.

 Educación.

 Sanidade.

 Servizos Sociais.

 Servizos avanzados ás empresas.

Así mesmo, puntuarase a contratación de persoas desempregadas pertencentes polo menos a un destes colectivos: Persoas desempregadas de longa duración, maiores de 45 anos ou menores de 30 anos, mulleres, persoas con grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. As contratacións ao amparo desta convocatoria deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e os dous meses posteriores á data de publicación da resolución de concesión. PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas a o mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. Estas axudas destínanse a apoiar ao tecido empresarial da provincia, contribuir á inserción laboral das persoas desempregadas e favorecer o emprego estable e de calidade. A finalide da subvención é a de apoiar ás empresas para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas contratadas con cargo a PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2018. Unha vez finalizados os primeiros doce meses da contratación inicial do/a traballador/a contratado/a de maneira idefinida, cada empresa poderá solicitar a subvención para os seguintes doce meses. As axudas subvencionarán un máximo do 50% do soldo e seguridade social do traballador/a tendo en conta as táboas recollidas nas bases reguladoras en función da categoría e grupo de cotización. Polo que o importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral será de 11.000 €

Recordatorios xerais: ▪As bases reguladoras desta liña poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 45 de 06.03.2019 ou premenendo na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=06/03/2019.

▪As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal). ▪O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata ás 14.00 horas do 22 de abril de 2019.

▪Na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultala información actualizada do Plan de Emprego Local.

Did you find apk for android? You can find new Free Android Games and apps.
By | 2019-03-27T17:21:43+00:00 27/03/2019|Noticias|0 Comments

About the Author:

Leave A Comment